O grupo educativo nos tempos libres Seteportas-Altair aspira a albergar todos os grupos de idade da proposta educativa Altair, de 8 a 18 anos, no curso 2020/21. Para iso, precisamos reformular os espazos do noso local, en Rúa do Home Santo, 29B, nos meses de verán e primeiros meses do curso.
Facemos un chamamento a toda persoa, en especial á mocidade, que, de xeito voluntario, se ofreza a botar unha man no local ás familias, rapazas e educadoras de Seteportas durante o seu tempo libre. Toda contribución, económica, humana ou material, será de utilidade para un óptimo reacondicionamento, en termos pedagóxicos, do local do noso proxecto educativo. Mediante este crowdfunding axudarédesnos á comunidade seteportiana a financiar os materiais para continuar coa reforma!
Obrigadas!
Descripció del projecte. Característiques, fortaleses i diferencials.
Obxectivos
- Medrar en número de asociadas e calidade pedagóxica como agrupamento educativo nos tempos libres na cidade de Compostela.
- Axeitar os espazos a cada grupo de idade, en termos pedagóxicos, cada dous anos, dos 8 aos 18 (Pícaras, Insurras, Aventureiras, Pioneiras e Argonautas).
- Dispoñer dun local polivalente para o agrupamento Seteportas e os puntuais usos que a asociación Altair Galiza fai do mesmo, por exemplo, para os cursos de formación que ofrece a súa Escola de Educación nos Tempos Libres.
Materiais precisos e obxectivos
- Arredor de 40 m² de cortiza para o pavimento dos espazos de dous grupos de idade.
- Pintura branca para parte do local (120 m²) e pintura de cores para 30 m².
- Moblería divisoria entre os espazos de cada grupo.
- Pantalla movible ou abatible divisoria entre espazos.
- Estantes/moblería para o almacenamento de material do agrupamento.
Man de obra precisa
- Carpinteiro/a
- Electricista
- Albanel
- Pintor/a
Proxecto de reforma (agradecemento a Fasedos Estudio)
Motivació i a qui va dirigit el projecte
A toda persoa, en especial á mocidade, que, de xeito voluntario, se ofreza a botar unha man no local ás familias, rapazas e educadoras de Seteportas durante o seu tempo libre. Toda contribución, económica, humana ou material, será de utilidade para un óptimo reacondicionamento, en termos pedagóxicos, do local do noso proxecto educativo.
Se tes interese en colaborar na nosa reforma, contacta connosco!
Experiència prèvia i equip
Seteportas Altair xorde no ano 2014 como un grupo pertencente ó Movemento Internacional, Sociocultural, Educativo e de Cooperación para o Desenvolvemento Altair, parte da asociación Altair Galiza, en Santiago de Compostela. É un grupo educativo en valores nos tempos libres cuxa equipa está formada, na actualidade, por 5 educadoras voluntarias, xente diversa que compartimos o noso interese e compromiso co mundo da educación nos tempos libres.
Educamos no valor da comunidade, da axuda mutua, da afectividade e do respecto ás demais e á contorna. Cremos na compoñente lúdica como punto de partida para a educación integral das persoas, mediante o xogo libre e a pedagoxía do proxecto. Promovemos a pertenza ao agrupamento, ao tempo que se potencian as aptitudes individuais.
Desenvolvemos actividades destinadas a rapaces e rapazas de 8 a 18 anos, organizadxs en grupos de idade (Pícaras, Insurras, Aventureiras, Pioneiras e Argonautas), todos os sábados pola mañá, de 11.00h a 14.00h, no noso local. Ademais, puntualmente, en nadal, páscoa e verán, organizamos acampamentos. Convidamos a calquera persoa, especialmente á mocidade, a formar parte do noso proxecto. Fagamos comunidade; fagamos sociedade.