Homenaxe á Coluna Sanfins

Imatge de capçalera
Veure vídeo
Finançat el 13 / 01 / 2017
Cofinançat!
Obtingut
€ 1.160
Mínim
€ 1.110
Òptim
€ 1.720
42 Cofinançadors
Canal
  • Aportant € 5

    Agradecemento na web

    Agradecemento na web

    > 03 Cofinançadors
  • Aportant € 10

    Libro «Breve Historia da Coluna Sanfins» sen envío postal

    Agradecemento na web + Libro «Breve História da Coluna Sanfins». Poderá ser recollido en calquer local da CNT galega ou o día do evento (30 de outubro, Lousame).

    > 07 Cofinançadors
  • Aportant € 15

    Libro «Breve Historia da Coluna Sanfins» con envío postal

    Agradecemento na web + Libro «Breve Historia da Coluna Sanfins» con envío postal.

    > 09 Cofinançadors
  • Aportant € 30

    Pack de 3 libros con envío postal

    Agradecemento na web + Pack de 3 libros relacionados coa historia do movemento obreiro e a ideoloxía libertaria. Inclúe libro «Breve Historia da Coluna Sanfins».

    > 09 Cofinançadors
  • Aportant € 50

    Pack de 5 libros con envío postal

    Agradecemento na web + Pack de 5 libros relacionados coa historia do movemento obreiro e a ideoloxía libertaria. Inclúe libro «Breve Historia da Coluna Sanfins».

    > 06 Cofinançadors
  • Aportant € 100

    Roteiro Libertario polo Val de Sanfins - 6 persoas

    Agradecemento na web + Libro «Breve Historia da Coluna Sanfins» + Roteiro Libertario polo Val de Sanfins, para grupos de até 6 persoas. Organizámoste un roteiro para grupo pequeno en datas a combinar, e con degustación de cervexas artesás e petiscos caseiros.

    > 00 Cofinançadors
  • Aportant € 200

    Roteiro Libertario polo Val de Sanfins - 20 persoas

    Agradecemento na web + Libro «Breve Historia da Coluna Sanfins» + Roteiro Libertario polo Val de Sanfins para grupos de até 20 persoas. Organizámoste un roteiro para grupo mediano en datas a combinar, e con degustación de cervexas artesás e petiscos caseiros.

    > 00 Cofinançadors
  • Aportant € 300

    Palestra sobre a Coluna Sanfins na túa localidade

    Especial agradecemento na web + Libro «Breve Historia da Coluna Sanfins» + Unha das persoas realizadoras do libro ofrecerá unha palestra na túa localidade (a persoa/asociación cofinaciadora deberá habilitar local e medios e será dentro de Galicia) coa temática da Coluna Sanfins.

    > 00 Cofinançadors

Sobre aquest projecte

Realización de homenaxe á Coluna Sanfins no seu 80 aniversario, en memoria dos mineiros de Lousame que loitaron contra o golpe fascista e pola liberdade. Monumento, libro, palestras e romaria

Necessitats Material Mínim Òptim
Material do monolito
Monolito
€ 1.060
Necessitats Tasca Mínim Òptim
Colocación do monolito
Colocación do monolito, construción de zapata, preparación do terreno
€ 50
Edición do libro
Edición de libros
€ 500
Realización de actividades
Realización das seguintes actividades: Palestra e presentación da publicación (con historiadores/as) Romaria, comida/bebida, con bancas de material, colectivos de MH, venda de produtos ecolóxicos, música Paseo polas redondezas, visita á antiga escola da CNT Inauguración do monolito
€ 30
Necessitats Infraestructura Mínim Òptim
Infraestructuras para a realización de actividades
Realización das seguintes actividades: -Palestra e presentación da publicación (con historiadores/as) Romaria, comida/bebida, con bancas de material, colectivos de MH, venda de produtos ecolóxicos, música - Paseo polas redondezas, visita á antiga escola da CNT - Inauguración do monolito
€ 30
Distribución do libro
Costes derivados da distribución do libro
€ 50
Total € 1.110 € 1.720
Imprescindible
Addicional

Informació general

Para reivindicar a lembranza dos milleiros de homes e mulleres que na Galiza participaron nas iniciativas rebeldes e reivindicativas do movimento libertario a CNT vai colocar un monumento conmemorativo en Lousame, editar un libro co título "Breve História da Coluna Sanfins" e realizar unha serie de actos inaugurais (romaria de convivio, inauguración do monumento, palestras con especialistas, apresentación do libro e roteiro polas redondezas).

A historia da Coluna Sanfins é bastante descoñecida. Moitas veces ouvimos que na Galiza non houbo resposta ao golpe fascista de 36 e isto é incorrecto, pois houbo moitos exemplos de resistencia e este é un deles.

En xullo de 1936, un numeroso grupo de traballadores das minas de Sanfins, en Lousame, foron protagonistas da resistencia ao golpe militar fascista na provincia da Coruña. Desde as minas de Vilacova transladáronse a Noia, despois a Compostela, mais tarde a Ordes e finalmente á Coruña, tentando facer fronte aos militares que se ergueran contra a II República.

En combate con tropas regulares con armamento e preparación militar, os sindicalistas da CNT de Sanfins só contaban coa dinamita que usaban no seu traballo de mineiros e, apesar de todo, foron quen de manter a resistencia por varios días e recuperar parte da cidade da Coruña nos combates polas rúas. Unha vez derrotados unha boa parte deles aínda fixo parte das iniciativas de resistencia aos militares alzados, tanto nas tropas republicanas como, máis tarde, nas organizacións clandestinas e na guerrilla antifranquista.

Para comemorar e resgatar do esquecemento este feito histórico iremos realizar estas actividades e, por este motivo, pedimos a vosa solidariedade.

Descripció del projecte. Característiques, fortaleses i diferencials.

A homenaxe consiste na colocación de un monumento en memoria da Coluna Sanfins no lugar onde saiu en 1936 en defesa da liberdade. Haberá un acto de inauguración, no día 30 de outubro con diversas actividades. Será realizado en colaboración coa Sociedade Histórica e Cultural «Coluna Sanfins» de Lousame

capa-sanfins.png

Motivació i a qui va dirigit el projecte

A idea parte da colaboración dos propios viciños e viciñas do lugar e a CNT motivados por sacar do esquecemento unha historia que conta ainda con testemuños vivos.

homenagem-sanfins.png

Objectius

Colocación de un monumento, difusión da história da Coluna Sanfins mediante o libro «Breve historia da Coluna Sanfins» en papel e PDF.

monumento.jpg

Experiència prèvia i equip

A CNT é unha confederación de sindicatos constituída en 1910.
Na Galiza, contamos cun Grupo de Memoria Histórica que naceu para reivindicar a lembranza dos milleiros de homes e mulleres que na Galiza participaron nas iniciativas rebeldes e reivindicativas do movemento libertario. Non desexamos lembrarnos do pasado para doernos dos padecementos das persoas que sufriron a represión franquista, senón para remarcar os ideais e os combates que fixeron deles homes e mulleres perseguidas. Para erguer tamén a súa memoria como exemplo das posibilidades do traballo mancomunado de homes e mulleres a prol dunha nova organización social, sen amos nin escravos, sen pastores nin rabaños.
O Grupo de Memoria Histórica da CNT envolve persoas de todos os sindicatos federados á CNT na Galiza e contamos coa colaboración, apoio e traballo neste iniciativa da Sociedade Histórica e Cultural «Coluna Sanfins», unha asociación dos viciños e viciñas de Lousame que conta entre os seus varios obxectivos a recuperación da Memoria Histórica local.

Compromís social