Reboiras. Acción e corazón

Imatge de capçalera
Veure vídeo
Finançat el 01 / 10 / 2019
Cofinançat!
Obtingut
€ 20.197
Mínim
€ 12.200
Òptim
€ 20.000
444 Cofinançadors
Canal
  • Aportant € 10

    Mención nos créditos
    • Mención nos créditos do filme como participante

    Implicándote e apoiando proxectos a través da plataforma de Goteo desgravas entre un 30% e un 75% do importe da túa doazón.
    +Info: https://gl.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 16 Cofinançadors
  • Aportant € 20

    Mención nos créditos + filme + libro
    • Mención nos créditos do filme como participante
    • Exemplar en soporte físico do filme Reboiras. Acción e corazón, xunto coa reedición do libro Moncho Reboiras. O nacionalismo galego nos anos 70 nun novo número da revista Terra e Tempo, acompañada de fotografías da rodaxe e novos documentos.

    Inclúe gastos de envío dentro da Galiza

    Implicándote e apoiando proxectos a través da plataforma de Goteo desgravas entre un 30% e un 75% do importe da túa doazón.
    +Info: https://gl.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 220 Cofinançadors
  • Aportant € 50

    Mención nos créditos + filme + libro + obras escollidas de Bautista Álvarez + CCCV
    • Mención nos créditos do filme como participante

    • Exemplar en soporte físico do filme Reboiras. Acción e corazón, xunto coa reedición do libro Moncho Reboiras. O nacionalismo galego nos anos 70 nun novo número da revista Terra e Tempo, acompañada de fotografías da rodaxe e novos documentos.

    • Obras escollidas de Bautista Álvarez en 3 volumes

    • Documental Cine Clube Carlos Varela de Ramiro Ledo

    Inclúe gastos de envío dentro da Galiza

    Implicándote e apoiando proxectos a través da plataforma de Goteo desgravas entre un 30% e un 75% do importe da túa doazón.
    +Info: https://gl.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 115 Cofinançadors
  • Aportant € 200

    Mención nos créditos + filme + libro + obras escollidas de Bautista Álvarez + CCCV + serigrafía
    • Mención nos créditos do filme como participante
    • Exemplar en soporte físico do filme Reboiras. Acción e corazón, xunto coa reedición do libro Moncho Reboiras. O nacionalismo galego nos anos 70 nun novo número da revista Terra e Tempo, acompañada de fotografías da rodaxe e novos documentos.
    • Obras escollidas de Bautista Álvarez en 3 volumes
    • Documental Cine Clube Carlos Varela de Ramiro Ledo
    • Serigrafía numerada e asinada do óleo/cartón de Xoán Guerreiro Xurdeu a luz nunha longa noite de pedra, Faro de Touriñán alumeando, Xove, Marzo de 2014. 50x70cm. Serie limitada de 99 serigrafías da obra orixinal de Xoán Guerreiro. Están numeradas, supervisadas e asinadas polo autor. Xoán Guerreiro, Xove 1959, é un dos nosos pintores máis recoñecidos no ámbito galego e internacional.

    Inclúe gastos de envío dentro da Galiza

    Implicándote e apoiando proxectos a través da plataforma de Goteo desgravas entre un 30% e un 75% do importe da túa doazón.
    +Info: https://gl.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 16 Cofinançadors
  • Aportant € 500

    Mención nos créditos + filme + libro + obras escollidas de Bautista Álvarez + CCCV + serigrafía + convite á rodaxe
    • Copia física do filme Reboiras. Acción e corazón, xunto coa reedición do libro Moncho Reboiras. O nacionalismo galego nos anos 70
    • Obras escollidas de Bautista Álvarez en 3 volumes
    • Documental Cine Clube Carlos Varela de Ramiro Ledo
    • Serigrafía numerada e asinada do óleo/cartón de Xoán Guerreiro Xurdeu a luz nunha longa noite de pedra, Faro de Touriñán alumeando, Xove, Marzo de 2014. 50x70cm. Serie limitada de 99 serigrafías da obra orixinal de Xoán Guerreiro. Están numeradas, supervisadas e asinadas polo autor. Xoán Guerreiro, Xove 1959, é un dos nosos pintores máis recoñecidos no ámbito galego e internacional.
    • Convite para asistir a dúas sesións de rodaxe

    Inclúe gastos de envío dentro da Galiza

    Implicándote e apoiando proxectos a través da plataforma de Goteo desgravas entre un 30% e un 75% do importe da túa doazón.
    +Info: https://gl.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 03 Cofinançadors

A rodaxe do filme documental sobre Moncho Reboiras chega a Vigo

02 | 09 | 2019
A rodaxe do filme documental sobre Moncho Reboiras chega a Vigo

O barrio vigués de Teis acolleu a rodaxe do filme documental Reboiras, Acción e Corazón, que levará por primeira vez á pantalla a vida de Xosé Ramón Reboiras Noia, nacionalista galego asasinado en 12 de agosto de 1975 pola ditadura franquista. O director da longametraxe, Alberte Mera, entrevistou esta mañá no parque da Guía, en Teis, Xoaquín Méndez Anta, quen coñeceu Reboiras desde moi novo, xa que ambos vivían no mesmo barrio e participaron da vida política e cultural clandestina na cidade, tendo como eixo a actividade da Asociaicón Cultural de Vigo, un importante epicentro do nacionalismo galego na época. Ambos compartiron militancia na daquelas clandestina Unión do Povo Galego (UPG).

Esta semana tamén gravarán no barrio de Teis Luz Rei, Xesúns Sanxuás, Xosé Moa e o histórico sindicalista da CIG Manuel Mera e actual secretario da Fundación Moncho Reboiras, todos eles compartiron actividade e afiliación política con Moncho. 

Resaltou Méndez Anta durante o transcurso da entrevista a valentía e xenerosidade de Moncho e o seu papel fundamental á hora de artellar o sindicalismo nacionalista, así como a grande capacidade de Reboiras para organizar e aglutinar traballadores e traballadoras nos anos da ditadura.

Reboiras en Vigo
Xosé Ramón Reboiras Noia naceu o 19 de xaneiro de 1950 en Imo, na parroquia de San Xoán de Laiño, no Concello de Dodro, nunha familia labrega que poucos anos despois tivo que trasladarse á cidade na busca de mellores condicións de vida. En Vigo e mentres o pai traballaba embarcado, Moncho estudaba o bacharelato e atendía o bar Reboiras en Teis, que a súa familia puxera cos seus aforros. Na segunda metade da década dos sesenta comezou a involucrearse na Asociación O Castro, logo do contacto co xesuíta Xaime Seixas Subirá, o Pai Seixas.

Rematou os seus estudos no ensino medio no Instituto Santa Irene de Vigo, iniciando a súa andaina no ensino superior na Escola de Enxeñería Industrial na rúa Torrecedeira. Nese tránsito académico e vital, Reboiras comezaría a súa militancia política clandestina na Unión do Pobo Galego en 1969. Desde Vigo percorreu toda Galiza organizando centos de persoas no nacionalismo a través das distintas frentes de actuación que a UPG promovía no país, como a frente cultural, sindical ou política.

O 12 de agosto de 1975, estando en Ferrol para estender o movemento sindical nesta cidade, foi asasinado a tiros pola policía da ditadura franquista, sendo a última vítima mortal en territorio galego.

O documental
A longametraxe documental Reboiras. Acción e corazón xa está na fase de rodaxe, após remataren os últimos aspectos da preprodución. Trátase da primeira película sobre Xosé Ramón Reboiras Noia e verá a luz no ano 2020, cadrando co 45 aniversario do seu asasinato.

O filme prodúceo a Fundación Terra e Tempo e diríxeo Alberte Mera, quen reconstruirá a vida de Reboiras e o seu pensamento a través de entrevistas a máis de 15 testemuñas que partillaron diversas etapas da vida con el. Ademais, a película incluirá secuencias audiovisuais
que recrearán momentos de relevancia na vida de Reboiras e que se realizarán en colaboración con Nós Produtora Cinematográfica Galega. Desta maneira, a obra comporase de entrevistas, da recreación de momentos claves e tamén de material de arquivo xa existente así como de documentos que se reúnan durante os traballos de documentación e rodaxe.

Alberte Mera salientou que “as claves do filme son precisamente a presentación humana de Moncho Reboiras e a construción do mito desde a vertente humana”.

Continúa aberta a campaña de micromecenado
Para facer posíbel o primeiro filme sobre Moncho Reboiras, a Fundación Terra e Tempo puxo en marcha unha campaña de micromecenado para que todas as persoas que desexen colaborar poidan facer as súas doazóns a través da web https://gl.goteo.org/project/reboiras-accion-e-corazon

As achegas realizadas a este proxecto a través da plataforma da Fundación Goteo poderán desgravar entre un 30 e un 75% do importe. As persoas que desexen participar no micromecenado poderán escoller entre diversas modalidades de achegas (10, 20, 50, 200 ou 500 euros). En función da opción escollida,recibirán unha serie de obsequios cos que a Fundación Terra e Tempo desexa agradecer a súa implicación.

Comentaris

Inicia la sessió per deixar un comentari