Reboiras. Acción e corazón

Galiza, Spain
Finançat el 01 / 10 / 2019
Cofinançat!
Obtingut
€ 20.197
Mínim
€ 12.200
Òptim
€ 20.000
444 Cofinançadors
Aportant € 10
Mención nos créditos
  • Mención nos créditos do filme como participante

Implicándote e apoiando proxectos a través da plataforma de Goteo desgravas entre un 30% e un 75% do importe da túa doazón.
+Info: https://gl.goteo.org/calculadora-fiscal

> 16 Cofinançadors
Aportant € 20
Mención nos créditos + filme + libro
  • Mención nos créditos do filme como participante
  • Exemplar en soporte físico do filme Reboiras. Acción e corazón, xunto coa reedición do libro Moncho Reboiras. O nacionalismo galego nos anos 70 nun novo número da revista Terra e Tempo, acompañada de fotografías da rodaxe e novos documentos.

Inclúe gastos de envío dentro da Galiza

Implicándote e apoiando proxectos a través da plataforma de Goteo desgravas entre un 30% e un 75% do importe da túa doazón.
+Info: https://gl.goteo.org/calculadora-fiscal

> 220 Cofinançadors
Aportant € 50
Mención nos créditos + filme + libro + obras escollidas de Bautista Álvarez + CCCV
  • Mención nos créditos do filme como participante

  • Exemplar en soporte físico do filme Reboiras. Acción e corazón, xunto coa reedición do libro Moncho Reboiras. O nacionalismo galego nos anos 70 nun novo número da revista Terra e Tempo, acompañada de fotografías da rodaxe e novos documentos.

  • Obras escollidas de Bautista Álvarez en 3 volumes

  • Documental Cine Clube Carlos Varela de Ramiro Ledo

Inclúe gastos de envío dentro da Galiza

Implicándote e apoiando proxectos a través da plataforma de Goteo desgravas entre un 30% e un 75% do importe da túa doazón.
+Info: https://gl.goteo.org/calculadora-fiscal

> 115 Cofinançadors
Aportant € 200
Mención nos créditos + filme + libro + obras escollidas de Bautista Álvarez + CCCV + serigrafía
  • Mención nos créditos do filme como participante
  • Exemplar en soporte físico do filme Reboiras. Acción e corazón, xunto coa reedición do libro Moncho Reboiras. O nacionalismo galego nos anos 70 nun novo número da revista Terra e Tempo, acompañada de fotografías da rodaxe e novos documentos.
  • Obras escollidas de Bautista Álvarez en 3 volumes
  • Documental Cine Clube Carlos Varela de Ramiro Ledo
  • Serigrafía numerada e asinada do óleo/cartón de Xoán Guerreiro Xurdeu a luz nunha longa noite de pedra, Faro de Touriñán alumeando, Xove, Marzo de 2014. 50x70cm. Serie limitada de 99 serigrafías da obra orixinal de Xoán Guerreiro. Están numeradas, supervisadas e asinadas polo autor. Xoán Guerreiro, Xove 1959, é un dos nosos pintores máis recoñecidos no ámbito galego e internacional.

Inclúe gastos de envío dentro da Galiza

Implicándote e apoiando proxectos a través da plataforma de Goteo desgravas entre un 30% e un 75% do importe da túa doazón.
+Info: https://gl.goteo.org/calculadora-fiscal

> 16 Cofinançadors
Aportant € 500
Mención nos créditos + filme + libro + obras escollidas de Bautista Álvarez + CCCV + serigrafía + convite á rodaxe
  • Copia física do filme Reboiras. Acción e corazón, xunto coa reedición do libro Moncho Reboiras. O nacionalismo galego nos anos 70
  • Obras escollidas de Bautista Álvarez en 3 volumes
  • Documental Cine Clube Carlos Varela de Ramiro Ledo
  • Serigrafía numerada e asinada do óleo/cartón de Xoán Guerreiro Xurdeu a luz nunha longa noite de pedra, Faro de Touriñán alumeando, Xove, Marzo de 2014. 50x70cm. Serie limitada de 99 serigrafías da obra orixinal de Xoán Guerreiro. Están numeradas, supervisadas e asinadas polo autor. Xoán Guerreiro, Xove 1959, é un dos nosos pintores máis recoñecidos no ámbito galego e internacional.
  • Convite para asistir a dúas sesións de rodaxe

Inclúe gastos de envío dentro da Galiza

Implicándote e apoiando proxectos a través da plataforma de Goteo desgravas entre un 30% e un 75% do importe da túa doazón.
+Info: https://gl.goteo.org/calculadora-fiscal

> 03 Cofinançadors

Inicia a rodaxe da primeira película sobre Moncho Reboiras

09 | 08 | 2019
O filme documental Reboiras. Acción e corazón comezouse a rodar no día de hoxe e chegará ás pantallas en 2020, levando por vez primeira a vida de Moncho Reboiras ao cinema.
A Fundación Terra e Tempo, produtora desta longametraxe documental dirixida por Alberte Mera, ten aberta unha campaña de micromecenado para que todas as persoas que desexen colaborar coa película poidan realizar as súas doazóns.

A longametraxe documental Reboiras. Acción e corazón xa está na fase de rodaxe, após remataren os últimos aspectos da preprodución. Trátase da primeira película sobre Xosé Ramón Reboiras Noia e verá a luz no ano 2020, cadrando co 45 aniversario do seu asasinato a mans da ditadura franquista.

O filme prodúceo a Fundación Terra e Tempo e diríxeo Alberte Mera, quen reconstruirá a vida de Reboiras e o seu pensamento a través de entrevistas a máis de 15 testemuñas que partillaron diversas etapas da vida con el. Ademais, a película incluirá secuencias audiovisuais que recrearán momentos de relevancia na vida de Reboiras e que se realizarán en colaboración con Nós Produtora Cinematográfica Galega. Desta maneira, a obra comporase de entrevistas, da recreación de momentos claves e tamén de material de arquivo xa existente así como de documentos que se reúnan durante os traballos de documentación e rodaxe.

A rodaxe comezou precisamente polas entrevistas. Así, iniciáronse os traballos de filmación no concello de Teo este 9 de agosto, cunha entrevista conxunta ás dúas últimas persoas coas que Reboiras se atopaba antes de ser asasinado: Elvira Souto e Lois Ríos. Os tres estaban xuntos o 12 de agosto de 1975 nun piso de Ferrol cando se decataron da chegada da policía franquista e tiveron que emprender a fuxida.

Alberte Mera salientou que “as claves do filme son precisamente a presentación humana de Moncho Reboiras e a construción do mito desde a vertente humana”.

Abren unha campaña de micromecenado

Para facer posíbel o primeiro filme sobre Moncho Reboiras, veñen de abrir na Fundación Terra e Tempo unha campaña de micromecenado para que todas as persoas que desexen colaborar poidan facer as súas doazóns a través da web https://gl.goteo.org/project/reboiras-accion-e-corazon

As achegas realizadas a este proxecto a través da plataforma da Fundación Goteo poderán desgravar entre un 30 e un 75% do importe.
As persoas que desexen participar no micromecenado poderán escoller entre diversas modalidades de achegas (10, 20, 50, 200 ou 500 euros). En función da opción escollida, recibirán unha serie de obsequios cos que a Fundación Terra e Tempo desexa agradecer a súa implicación. Entre os agasallos figura unha mención nos créditos do filme, un convite para asistir a dúas sesións da rodaxe, un exemplar do filme Reboiras. Acción e corazón, xunto coa reedición do libro Moncho Reboiras. O nacionalismo galego nos anos 70, as Obras escollidas de Bautista Álvarez en 3 volumes, o documental Cine Clube Carlos Varela de Ramiro Ledo e a serigrafía numerada e asinada Xurdeu a luz nunha longa noite de pedra, Xove, Marzo de 2014 (50x70cm). Trátase dunha serie limitada de 99 serigrafías da obra orixinal de Xoán Guerreiro (Xove, 1959), un dos nosos pintores máis recoñecidos no ámbito galego e internacional.

Moncho Reboiras

O filme quere construír un retrato fiel de Ramón Reboiras Noia, a última vítima mortal da ditadura franquista na Galiza, asasinado o 12 de agosto de 1975. Con só 25 anos, Reboiras sufriu múltiples disparos da policía na rúa da Terra de Ferrol. Aquel mozo de conviccións nacionalistas convertérase moi cedo en destacado membro da clandestina Unión do Povo Galego, a través da cal foi alicerce fundamental na organización de amplos sectores da sociedade galega en frontes de actuación como a sindical, a cultural ou a política.

O réxime era sabedor das grandes habilidades de Reboiras para impulsar as organizacións de masas do nacionalismo galego, mais o propio Moncho tamén era consciente da crueldade do réxime e do perigo que el mesmo afrontaba. Este será pois o primeiro filme documental sobre o último loitador galego morto en desigual combate contra Franco.

O equipo
Este filme documental será o quinto que dirixa Alberte Mera (Vigo, 1987) após as curtametraxes Camiño da Memoria (2011), Deixádeas Pasar (2012) e as longametraxes documentais Clamor da Terra (2012) e Lume Novo (2013), as dúas últimas tamén producidas pola Fundación Terra e Tempo de Estudos Nacionalistas e publicadas en libro-DVD. Mera é licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Vigo, con especialidade en Dirección e Guión Cinematográfico e Audiovisual (2009) e ten o mestrado en Comunicación e Industrias Creativas pola Universidade de Santiago de Compostela (2010). É xornalista en Sermos Galiza e ten tamén desenvolvido a súa carreira profesional como consultor de comunicación e deseño, realizando traballos para a Universidade de Vigo e diversas empresas consultoras.

A equipa compóñena Roberto Vilameá, presidente da Fundación Terra e Tempo e responsábel da produción executiva do filme; José Aragunde, director de fotografía; Xosé Lois Ledo, director de produción; Irene Pin, coordinadora de produción, Marco Outeiro e Alberte Mera estarán na edición, Marcos Paino encargarase da edición e da posprodución de audio e a cooperativa Numax que realizará a etalonaxe. Patricia Cid e Daniel Chaves encárganse do deseño multimedia e a xornalista especializada en difusión cultural Paula Cermeño leva a comunicación. O cartel do filme é unha ilustración do artista gráfico Pablo Prado.

Desde a Fundación Terra e Tempo tamén veñen de inaugurar a páxina web da película: www.reboiras.gal

Comentaris

Antonio Batalla
Hace 8 mesos
Buenas tardes, mientras espero con implica el resultado final del proyecto se me viene a la mente como o cuando comunicareis el envío de las recompensas y la forma de hacerlas llegar ¿y en el caso de fuera de Galiza como será el procedimiento?

Inicia la sessió per deixar un comentari