¡Renovamos Goteo!

Goteo ha construido una historia única en el mundo del micromecenazgo. ¿Quieres seguir formando parte de ella?

43 Edición da Festa dos Botes de Arzúa

Imatge de capçalera
Veure vídeo
  • Ubicació Arzúa, España
Ronda única Queden 29 dies
Obtingut
$ 52,105
Mínim
$ 67,617
Òptim
$ 87,504
32 Cofinançadors
Canal
  • Aportant $ 199

    A Argola

    O pequeno xesto que o abre todo.

    Cun xesto sinxelo pero imprescindíbel, fas que todo comece a funcionar. Grazas por dar o primeiro paso para que os botes volvan soar con forza en Arzúa.

    Aparecerá o teu nome no libro da festa da próxima edición.

    A túa participación pode desgravarse! Descubre cómo podes facelo pinchando [AQUÍ] (https://www.goteo.org/calculadora-fiscal)

    > 03 Cofinançadors
  • Aportant $ 597

    Son de Lata

    Para nós, o ruído máis bonito do mundo.

    Estás axudando a que a música e a festa volvan encher as nosas rúas. Es desas persoas que sinten a Arzuanía.

    Aparecerá o teu nome no libro da festa da próxima edición e tamén nas nosas redes sociais.

    A túa participación pode desgravarse! Descubre cómo podes facelo pinchando [AQUÍ] (https://www.goteo.org/calculadora-fiscal)

    > 04 Cofinançadors
  • Aportant $ 994

    O Fío que une os Botes

    Unidas polo orgullo de ser de Arzúa.

    Un bote só fai ruído, pero moitos botes xuntos fan historia! Con esta axuda estás sendo o fío que nos une a todas para que esta festa saía adiante. Grazas por tecer comunidade.

    Aparecerá o teu nome no libro da festa da próxima edición e levarás de regalo unha tote bag desta 43 edición.

    A túa participación pode desgravarse! Descubre cómo podes facelo pinchando [AQUÍ] (https://www.goteo.org/calculadora-fiscal)

    > 12 Cofinançadors
  • Aportant $ 1,989

    A Gran Achega

    Deixando marca na historia dos Botes.

    Con este nivel de apoio, o teu paso pola Festa dos Botes vai deixar unha pegada inesquecíbel. Estás a darlle un pulo xigante á Festa para que o ruído deste ano sexa o máis espectacular de todos. Ti si que sabes facer que Arzúa trema de ledicia!

    Aparecerá o teu nome no libro da festa da próxima edición e levarás de regalo un pack de tote bag + camiseta desta 43 edición.

    A túa participación pode desgravarse! Descubre cómo podes facelo pinchando [AQUÍ] (https://www.goteo.org/calculadora-fiscal)

    > 04 Cofinançadors
  • Aportant $ 3,977

    O Bote de Ouro

    A lata máis brillante de toda a festa.

    Isto xa é brillar ao máximo! Ti non es un bote calquera; es o noso "Bote de Ouro". Grazas a un apoio tan xeneroso coma o teu podemos asegurar que a nosa tradición non só se mantén viva, senón que brilla máis que nunca. Serás recordada como un piar fundamental desta edición!

    Aparecerá o teu nome no libro da festa da próxima edición e levarás de regalo un pack de tote bag + camiseta + gorra desta 43 edición.

    A túa participación pode desgravarse! Descubre cómo podes facelo pinchando [AQUÍ] (https://www.goteo.org/calculadora-fiscal)

    > 05 Cofinançadors

Sobre aquest projecte

Festa dos Botes

Necessitats Material Mínim Òptim
Técnicos de son, luces e persoal de montaxe.
Unha das principais necesidades á hora de levar a cabo os concertos e actuacións, que son o eixo principal da Festa dos Botes.
$ 39,775
Ambientación
Dende uns días antes de que comece a Festa, decoramos o pobo con latas, banderíns, levamos a cabo a exposición, imprimimos carteis e, sinalizamos os espazos e, en definitiva, todos os elementos visuais.
$ 9,944
Necessitats Tasca Mínim Òptim
Infraestructura
O propio entorno proporciona a maior parte das infraestructuras que empregamos, pero aínda así, precisamos dous escenarios e carpas para camerinos, entre outros, ademais das barras e algúns elementos imprescindibles para levar a cabo a sesión vermú da xornada do sábado.
$ 19,887
Contribución Goteo
Xestión, pasarela de pago e aportación á Fundación Platoniq.
$ 7,955
Hospitalidade
Pese a que os e as artistas teñen a súa retribución e o seu caché correspondente, queremos que se vaian de Arzúa cun bo sabor de boca e precisamos un mínimo para poder atender correctamente as necesidades que poidan surxir das súas actuacións.
$ 9,944
Total $ 67,617 $ 87,504
Imprescindible
Addicional

Informació general

A Festa dos Botes é historicamente a festa da xuventude arzuá, que se organizou cada ano sen excepcións para sacar adiante un conxunto de actividades, concertos musicais, e xuntanzas veciñais únicas na nosa comarca.

Co paso do tempo, as actividades foron evolucionando, pasando das corridas de vaquillas ás pelexas de almofadas e "peitadas" na praza da vila a mañá do domingo, de tocar os concertos enriba dun remolque a cortar a estrada nacional para dar cabida a todos os visitantes que se achegan a ver ós artistas.

Este ano 2026, ademáis de facer unha festa por e para a xuventude, consolidaremos tamén varios anos de traballo nos que pretendemos e estamos a conseguir acoller a toda a veciñanza, dende nenos a maiores, cunha ampla oferta nas actividades que conforman a Festa dos Botes pero tamén durante todo o ano, levando a cabo torneos, exposicións, obradoiros e facendo partícipe a todo aquel que queira participar.

A Festa dos Botes non é só unha simple festa estival, é un sentimento de pertenza a unha comunidade.

Descripció del projecte. Característiques, fortaleses i diferencials.

A Festa dos Botes continúa existindo 43 anos despois grazas ó traballo de incontables persoas que ano tras ano se esforzaron incansablemente para poder facer unha festa independente no corazón do noso pobo.

Nesta 43 edición, consolidamos o mercado de artesanía, ampliamos os concertos a dúas xornadas contando con 16 artistas rexionais e nacionais convidados, seguimos dando espazo ós máis cativos con actividades pensadas única e exclusivamente para eles e cleebraremos de novo a exposición de camisolas con máis material histórico que achegan os veciños e veciñas.

O obxectivo último deste proxecto é continuar celebrando novas edicións nun futuro, ó mismo nivel ou a melloralo na medida do posible, pero, sobre todo, que haxa un relevo que queira continuar coa Festa dos Botes coa ilusión coa que se ven celebrando dende hai case 50 anos.

Tamén queremos que a dinamización da cultura no rural siga sendo un piar elemental e que a veciñanza teña un motivo para reunirse e celebrar e que ese motivo, ademais, cree comunidade.

dsc01224.jpg pucheiros.jpg

Motivació i a qui va dirigit el projecte

A Festa dos Botes naceu no ano 1982 como unha resposta á necesidade da mocidade rural de crear un espazo propio, e continuou durante todos estos anos cumplindo sempre a fidelidade a ese propósito.

Nesta edición, queremos seguir reivindicando o poder movilizador da xuventude nun espazo de resistencia como son os pobos do rural, pero integrando tamén á cativada, que é o futuro, e ós maiores, que merecen tamén non ser olvidados do ocio.

000003-1-2-.jpg 000040.jpg

Experiència prèvia i equip

Con esta xa serían 3 as edicións nas que a mesma comisión organizadora, conformada por mozas e mozos arzuáns, está detrás desta humilde Festa. Durante estes anos leváronse a cabo tarefas como a creación dunha nova asociación, a Asociación Xuventude Arzúa, saneáronse as contas, creáronse outras novas e demostrouse que a Festa dos Botes está máis viva ca nunca, aumentando considerablemente os presupostos, o número de actividades e os visitantes que se achegan ó pobo a desfrutar connosco.

whatsapp-image-2026-07-16-at-19.15.12.jpeg

Compromís social

Objectius de Desenvolupament Sostenible

  • Igualtat de gènere

    Aconseguir la igualtat entre els gèneres i donar poder a totes les dones i nenes

  • Treball decent i creixement econòmic

    Promoure el creixement econòmic sostingut, inclusiu i sostenible, l'ocupació plena i productiva i el treball decent per a tots

  • Reducció de la desigualtat

    Reduir la desigualtat en i entre els països

  • Ciutats i comunitats sostenibles

    Aconseguir que les ciutats i els assentaments humans siguin inclusius, segurs, resilients i sostenibles