Revista Mazarelos

Santiago de Compostela, La Coruña, España
1a ronda Queden 26 dies
Obtingut
€ 1.355
Mínim
€ 1.600
Òptim
€ 1.800
70 Cofinançadors
Aportant € 5
Revista Mazarelos #1 (edición dixital)

Un exemplar en formato dixital do primeiro número da Revista Mazarelos (Outubro 2019) e mención.

> 06 Cofinançadors
Aportant € 6
Revista Mazarelos #1

Un exemplar en formato físico do primeiro número da Revista Mazarelos (Outubro 2019) e mención. Posibilidade de envío a España incluído.

> 13 Cofinançadors
Aportant € 6
Revista Mazarelos #2

Un exemplar en formato físico do segundo número da Revista Mazarelos (estimado para Marzo 2020) e mención. Posibilidade de envío a España incluído.

> 02 Cofinançadors
Aportant € 11
Dous exemplares de Revista Mazarelos #1

Dous exemplares en formato físico do primeiro número da Revista Mazarelos e mención. Posibilidade de envío a España incluído.

> 06 Cofinançadors
Aportant € 11
Subscrición de dous números da Revista Mazarelos.

Subscrición aos dous primeiros números da Revista Mazarelos en formato físico. Posibilidade de envío a España incluído.

> 21 Cofinançadors
Aportant € 25
Fila 0.

Doazón desinteresada para facer posible a Revista Mazarelos. Como agradecemento, aparecerá o teu nome na Revista Mazarelos como parte esencial nesta iniciativa.

> 17 Cofinançadors
Aportant € 50
Subscrición de dous números da Revista Mazarelos + colaboración

Subscrición aos dous primeiros números da Revista Mazarelos e mención. Posibilidade de envío a España incluído.

> 00 Cofinançadors
Aportant € 400
Publicidade a media páxina.

Publicidade a media páxina no primeiro número da Revista Mazarelos.

> 00 Cofinançadors
Aportant € 700
Publicidade a páxina completa.

Publicidade a páxina completa no primeiro número da Revista Mazarelos.

> 00 Cofinançadors
Aportant € 700
Publicidade a media páxina nos dous primeiros números.

Publicidade a media páxina no primeiro e o segundo número da Revista Mazarelos.

> 00 Cofinançadors
Aportant € 1.100
Publicidade a páxina completa nos dous primeiros números.

Publicidade a páxina completa no primeiro e no segundo número número da Revista Mazarelos.

> 00 Cofinançadors

Sobre aquest projecte

Queremos publicar unha revista de Historia e cultura en papel.
Material Mínim Òptim
Gastos impresión primeiro número.
Impresión e envío de 150 exemplares do primeiro número.
€ 700
Gastos impresión segundo número.
Impresión e envío de 150 exemplares do segundo número.
€ 700
Gastos de xestión
Comisións das transferencias, custos de Paypal e xestión de Goteo.
€ 200
Tasca Mínim Òptim
Gastos presentación.
Presentación pública da Revista Mazarelos
€ 200
Total € 1.600 € 1.800
Imprescindible
Addicional

Informació general

Entre as pedras da vella cidade de Santiago, un grupo de estudantes de Historia decidímonos a comezos de ano a dar vida a Mazarelos: unha plataforma onde publicar artigos históricos e doutras Ciencias Sociais afíns. O incremento de colaboracións fixo posible chegar a un público maior, o cal non deixou de medrar dende que arrancamos. Apoiándonos no compromiso co rigor histórico e a lingua galega, queremos lanzar aos quioscos galegos unha revista en papel que impulse a difusión da Historia na nosa lingua dun xeito independente e sexa un lugar para a publicación de novos enfoques e novas correntes. Unha Historia actual, científica e rigorosa á vez que didáctica e asumible para todo o mundo.

Descripció del projecte. Característiques, fortaleses i diferencials.

O primeiro número da Revista Mazarelos contará cunha estrutura semellante a esta:

  1. Unha entrevista a unha personaxe da actualidade.
  2. A colaboración dunha invitada ligada ao mundo das Ciencias Sociais e á Historia.
  3. Un pequeno texto sobre un persoeiro destacable na inmersión lingüística do galego.
  4. Catro artigos referentes á historia local de Galicia. Ex: A «fronte interior» na comarca do Ribeiro (1936-1937). Estudo e análise das represalias económicas na vila de Ribadavia de Mateo Martínez Torres.
  5. Dous artigos de temática artístico-cultural. Ex: Señores e serventes no Museo Pazo de Tor de Clara Reigosa Lombao.

Motivació i a qui va dirigit el projecte

Un dos obxectivos que nos marcamos é lograr unha difusión a través das redes sociais que faga chegar o que escribimos a un público amplo e diverso. Perante a noción da Historia como memorización de datas e persoeiros, cremos que o coñecemento histórico é moito máis que unha sucesión de capítulos inflexibles, onde o investigador/a se converte nun mero narrador. A nosa intención é eliminar falsas crenzas a través dunha divulgación que permita formular novas preguntas e novas respostas. Así, queremos acompañar a nosa labor en internet e redes sociais coa publicación dunha revista en papel. Nela presentaremos contidos máis amplos que os que adoitamos publicar na páxina e cos que intentaremos poñer o noso gran de area tanto na investigación como na difusión de coñecemento.
Outra das nosas motivacións, como novos historiadores e historiadoras que somos é ofrecer un espazo para quen queira publicar as súas indagacións ou reflexións.

Kiko Novoa entrevistounos no programa Galicia por diante da Radio Galega no mes de xuño, na seguinte ligazón podedes escoitar o podcast completo: http://www.crtvg.es/rg/destacados/galicia-por-diante-galicia-por-diante-do-dia-11-06-2019-4136192

Experiència prèvia i equip

O proxecto de Mazarelos estivo conformado, inicialmente, por estudantes de Historia da Universidade de Santiago de Compostela. Non obstante, o paso do tempo fixo que a nosa pequena familia fose aumentando día a día. Coa intención de poder mellorar rexistramos Mazarelos como asociación sen ánimo de lucro no Rexistro Central de Asociacións. Nos nosos estatutos recollemos como fins da asociación a difusión de contidos históricos en lingua galega, a promoción da lectura de historia e a axuda a xoves historiadores. A publicación dunha revista en papel vai en sintonía con estes obxectivos marcados, e tan só precisamos a túa axuda para darnos impulso.

Na ligazón inferior poderaste informar de tódalas persoas que conformamos Mazarelos, ademais das colaboracións nacionais e internacionais:
http://www.mazarelos.com/sobre-mazarelos/

Compromís social